Roteiro da Vía Nova

Comenzamos nas casas da vella estrada de ponte Navea. Para chegar a este punto o aconsellado e ir en coche dende Trives en dirección a Ourense. Todo o roteiro está sinalizado con pequenos miliarios. Baixaremos primeiro un tramo de 800 metros ata chegar a ponte Navea, camiño á esquerda da ponte e continuamos guiados polos miliarios que nos conducirán de novo a unha estrada que en dirección á esquerda nos levarán a Trives.

O segundo tramo, saída en Trives, polo paseo de San Roque, e na curva cóllese o camiño de terra a esquerda. Seguindo este carreiro chegamos ao pazo da Corga e a uns 50 metros a unha estrada que en dirección á dereita levaranos á ponte Cabalar. Subimos o camiño cara a estrada e atravesámola camiño de Manzaneda. A uns 50 metros tomamos o primeiro camiño a esquerda. Atravesamos Mendoia e chegamos de novo á estrada, cruzámola e tomamos o camiño que nos leva a a Ponte Bibei.

Compartir Face