Andaina Ponte Bibei

Percorrido de 25 kilometros coa saída na praza do Reloxo na Pobra de Trives, para despois ir deixando o centro do pobo e ir achegándonos polos viñedos ”Pio” en  San Fiz o Pazo da Corga onde destaca a porta enmarcada por dous torreóns  e un patio. Seguiremos dirección Mendoia pasando pola Ponte Cabalar de orixe Romana e os muiños disfrutando da beleza da paisaxe na que se enclava. De seguido tomaremos unha antigua calzada romana Via Nova (via 18 do itinerario de Antonio) ata baixar a Ponte Bibei (unha das mellares pontes conservadas da época do emperador Trajano) continuaremos ata á área recreativa do Caneiro e comezaremos a subida hacia as Adegas de “A Mata”  onde disfrutaremos dunhas impresionantes vistas da zona e cruzaremos así mesmo os viñedos das Adegas Dominio do Bibei en dirección a Sobrado onde atopamos o pazo de Barbeirón de estilo románico e connotacións señoriais e a Igrexa Medieval de Sobrado, o cruzeiro e a gran torre campanario, e continuando pola calzada romana cruzaremos un extenso souto de castiñerios xa chegando de novo ao noso destino na praza do reloxo na Pobra de Trives

Compartir Face