Estación de Montaña
Manzaneda é unha estación de esquí e montaña turístico-deportiva. A estación ten diversas actividades que permiten o seu funcionamento durante todo o ano. Non só ten pistas de esquí, senón que tamén dispón de: campos de fútbol de herba, pistas de tenis, círculo de “karts”, hípica, “mountain bike”, piscina climatizada, pista polideportiva exterior e pavillón cuberto para varias actividades que inclúe ximnasio.
Tamén se poden practicar deportes como: sendeirismo, montañismo, escalada, tiro con arco, golf en campo rústico…Permanece aberta todo o ano.
A contorna e o bosque, de 2.000 hectáreas de extensión e cunha altitude de 1800 metros, que dotan a estación de montaña dun marco incomparable completado con instalacións turísticas e de hostelería.
Principais Actividades:
BBT, golf (campo rústico), aula da natureza, pista polideportiva, pavillón, fútbol, tenis, “karts”, cabalos, piscina cuberta e climatizada, escalada ( en rocódromo), rappel, tirolina, tiro con arco...
Competicións, probas e acontecementos:
Campionatos galegos de esquí alpino (categorías xuvenís e sénior).
Campionato nacional de bandas de gaitas (Memorial Gabino Fernández). Celébrase o primeiro domingo de agosto.
. Festa da Bica (romaría tradicional), o primeiro domingo de agosto.
ACTIVIDADES DEPORTIVAS:
Natación (piscina cuberta e climatizada)
Tiro con Arco
Escalada
baloncesto, balonvolea, balonmán, fútbol sala…
(Pavillón cuberto deportivo para varias actividades, con ximnasio incorporado)
“Karts”
Cabalos
Golf (campo rústico)
Tenis
Fútbol
Bicicletas de montaña
OUTRAS ACTIVIDADES ALTERNATIVAS:
Sendeirismo
Aula da natureza / Estudo do medio: flora e fauna da Serra de Queixa.
Obradoiros do medio ambiente
Xogos tradicionais: petanca, chave, malla, bolos…
Xogos, festas, concursos
Primeiros auxilios en montaña
Acampada - técnicas
Orientación e manexo do compás