Historia

No concello da Pobra de Trives existen abundantes restos de cultura castrexa:  Cívida, Castro, A Cigadoña

 

Os poboadores eran os tiburos e a súa capital chamábase Nemetóbriga, que pode corresponder a Trives Vello ou Ponte Navea.

 

As pegadas máis abundantes pertencen á civilización romana debido ao paso da Vía Nova. A vía XVIII, do itinerario de Brácara Augusta ata Asturica Augusta, coñecida como Vía Nova entraba por Ponte Navea e atravesaba Trives Vello, Ponte Cabalar, e Mendoia ata saír do municipio pola ponte sobre o río Bibei, construída na época do emperador Traxano.

 

Durante a Idade Media, a administraicón do territorio repártese entre as casa nosbre dos Quiroga, dos Oca, do Conde de Lemos e do Conde de Ribadavia, sucesivamente. Nesta época construíronse varios eremitorios. Un deles é o beneditino de San Salvador de Sobrado de Trives que está na localidade de Sobrado.

 

A Pobra de Trives foi o centro de reunión da nobreza galega durante o século XIX. Ata a década de 1970 foi un dos núcleos máis importante núcleos da provincia de Ourense, mesmo por encima de vilas ourensás como O Barco de Valdeorras ou O Carballiño.

 

A pesares do illamento dos núcleos de poboación, os habitantes deste concello posúen uns fortes vínculos de unión, tal e como reflicten as súas actuacións na Guerra da Independencia, na súa oposición ás tropas francesas. A vila de Trives foi unha das primeiras de Galicia en levantarse contra o invasor francés.

 

Compartir Face