Gastronomía

BICA

Constitúe un dos sinais de identidade da Pobra de Trives ata alcanzar  un renome que traspasou fronteiras. Moitos defínena coma un biscoito coidadosamente elaborado, máis doce, esponxoso, suave e riquísimo. A bica é unha especialidade sorprendente e deliciosa.

 

PRODUTOS DA MATANZA

Na gastronomía trivesa destacan pola súa calidade os produtos derivados da matanza do porco. Entre a gran variedade de  produtos da matanza  destacan: os chourizos, xamóns, androllas, cachuchas, filloas que se elaboran co sangue do porco, torta de chicharróns…

 

CABRITO ASADO

Outro produto destas terras que cómpre destacar é: o cabrito asado. Un gran manxar e outra das grandes excelencias da nosa cociña. Non podemos esquecernos das carnes de vacún, ás que os pastos da alta montaña  lle dan un gran sabor.

 

A CASTAÑA

Este é un froito moi apreciado no concello e na comarca enteira. Ademais de vender a produción da castaña, esta tamén se pode preparar de moitos xeitos. A castaña é a protagonista dos tradicionais magostos que se celebran no mes de novembro.

 

VIÑOS

Entre as variedades de viño que se cultivan nas Terras de Trives predominan dúas: unha de branco e outra de tinto.

Branco: godello

Tinto: mencía

A maior parte dos viñedos do municipio están na Ribera de San Fiz e nos socalcos do Bibei.

BODEGAS

Adegas Pío Domínguez

Castrelo, S/N, 32789

A Pobra de Trives

988 33 01 62

  ‎

LICORES CASEIROS

No concello de A Pobra de Trives non só existe unha grande variedade de viño, senón que tamén é preciso mencionar a augardente e os licores da zona. Son ben coñecidos o licor café caseiro e a augardente de herbas tipo chastreuse. Estes licores nunca faltan nas nosas sobremesas.

Share