Festas e Feiras

FESTA DO COCIDO

 

Na localidade de Piñeiro celébrase todos os anos, no mes de xaneiro, unha festa popular de confraternidade. Os habitantes desta parroquia traballan unidos na preparación dun cocido para todos os habitantes da comarca. O cocido acompáñase do viño da localidade, que conta coa primeira bodega con denominación de orixe Ribeira Sacra. A organización dispón de carpa climatizada, xa que en xaneiro fai moito frío, na que tampouco falta a música popular.

 

FESTA DO CHOURIZO

 

Esta festa celébrase na parroquia de Vilanova a primeiros do mes de febreiro. A festa comeza pola mañá cando os romeus soben á capela. Ao mediodía os nenos sacan o San Blas, unha pequena imaxe duns 30 cm. Cando escurece as fogueiras dos distintos grupos de veciños, amigos e familias, están listas para asar os chourizos acompañados cun bo pan da zona e regados, como non con viño caseiro. Todo isto sen esquecer a bica e os licores. A noite vai pasando ao compás que marca a orquestra.

 

ENTROIDO

 

Neste concello celébrase cada ano con máis arraigo o entroido. O entroido celébrase o xoves de compadres e comadres.

No  concello hai cinco folións, cada un deles  cun son diferente,  que dan vida e colorido ás rúas da vila nestes días. As rúas da vila énchense de xente para escoitar o ritmo dos folións, caracterizados polo ruído atronador dos bombos que se intensifica polas noites.

 

FESTA DA BICA

 

A festa da bica nace no ano 1972 e dende entón celébrase o último domingo de xullo. A festa  supón a exaltación desta deliciosa sobremesa orixinaria da comarca. Celébrase unha romaría popular con degustación de bica e licor café.

Milleiros de persoas acoden a  esta festa  na que todos os anos se acaban as existencias de bica. Os visitantes e turistas non só a degustan ese día, senón que a levan como agasallo e é, sen dúbida,  un dos mellores recordos que poden levar desta terra.

 

MAGOSTO

 

No mes de novembro a castaña convértese no froito máis importante da zona, xa que se celebran diversos magostos onde os veciños se reúnen ao redor do lume e asan as castañas. As castañas van acompañadas dun bo viño, que en  moitas ocasións xa é de nova colleita. Durante todo o magosto os veciños tamén poden gozar coa música popular, que ameniza a festa.

 

FEIRAS

 

Os días 1 e 15 de cada mes celébrase no concello de A Pobra de Trives a feira. A data da feira só se modificará se coincide con día festivo, que pasará a celebrarse o seguinte día laborable.

 

FESTAS POPULARES

 

Cada aldea e cada parroquia do concello ten  as súas festas coas correspondentes procesións e festexos.

 

ALDEAS 

PATRÓN

FESTAS

BARRIO

SAN XOÁN

NOSA SEÑORA DO ROSARIO: 2 DE OUTUBRO

O CASTRO

SAN NICOLAO

CORPUS CHRISTI: 23 DE XUÑO

COTARÓS

SANTIAGO

SANTIAGO: 25 DE XULLO

COVA

SANTA MARIA

SANTA MARÍA: 15 DE AGOSTO                      

SAN BERNABÉ: 11 DE XUÑO

A ENCOMENDA

SAN ANTÓN

SAN ANTÓN: 17 DE XANEIRO                    

SANTA ANA: 4 DE SETEMBRO

PIÑEIRO

SAN SEBASTIÁN

SAN SEBASTIAN: 20 DE XANEIRO

POBRA DE TRIVES

STO. CRISTO DA MISERICORDIA

SAN BARTOLOMEU: 24 DE AGOSTO        

SANTO CRISTO: 14 DE SETEMBRO

DOLOROSA:17 DE SEPTEMBRO

SAN LOURENZO

SAN LOURENZO

SAN LOURENZO: 10 DE AGOSTO

SAN MAMEDE

SAN MAMEDE

SAN MAMEDE: 7 DE AGOSTO

SOBRADO

SAN SALVADOR

SANTA CRUZ: 3 DE MAIO                              

SAN SALVADOR: 6 DE AGOSTO

MENDOIA

NOSA SRA. DA CONCEPCIÓN

SAN JOSÉ: 15 DE MAIO

NAVEA

SAN MIGUEL

SAN MIGUEL: 8 DE MAIO

PAREISÁS

SAN ANTÓN

SAN VICTOR: 26 DE AGOSTO

PENA FOLENCHE

SANTA MARIÑA

SANTA MARIÑA: 18 DE JULLO

PENA PETADA

SANTO ESTEBO

SANTO ESTEBO: 19 DE XUÑO

SOMOZA

SAN MIGUEL

SAN MIGUEL: 29 DE SETEMBRO

POBRA DE TRIVES

SANTA MARÍA

SANTA MARÍA: 15 DE AGOSTO

VILANOVA

SANTA MARÍA

SAN BLÁS: 2 DE FEBREIRO

SAS DE XUNQUEIRA

SAN PEDRO

SAN PEDRO: 19 DE XUÑO

Share