Barranquismo

 

Este deporte en Galicia ten tradición dende hai trinta anos. O barranquismo aínda segue sendo bastante descoñecido entre os distintos deportes de montaña, a pesar de que moitos expertos recomendan como imprescindibles estes barrancos para soltar adrenalina e sentir emocións novas.

Nós contamos co noso barranco do río Navea ao seu paso pola Pobra de Trives: saltos a pozas, tobogáns e rápeos nun tramo cun desnivel de 180 metros, que remata nunha pequena cova de pedra. O que proba repite, debido ao que engancha un barranco como este, pola súa verticalidade e frondosidade na paisaxe.

Cada deportista debe achegar a súa propia corda e o seu arnés, e levar tamén traxe de neopreno e casco. Por diante, unha hora de descenso por un barranco moi vertical con rápeos que ofrecen unhas vistas únicas

 

       
               
       
Share