Ponte Piago

 

 

A estrada OU-536, e antes do 2003 C-536, foi construída a mediados do século XVIII para unir as localidades da Rúa e Ourense. Por iso foi precisa a construción e aproveitamento de vellas pontes romanas como a do Bibei en Trives e a construción de novas pontes de arco en cantaría. Ponte Piago é unha delas. Localízase no quilómetro 64,5 nunha zona estreita do val do río Navea, que separa os concellos de Trives e San Xoán de Río.

Chama a atención o seu enorme arco de medio punto debido a súa altura, para así poder salvar o desnivel existente entre os dous puntos da estrada. A ponte era moi estreita polo que só permitía, o tránsito dun só vehículo. Despois de diversas obras na estrada, durante o século pasado, emprendeuse a finais de século a reforma case total dela, o que levou á construción dun novo e moderno viaduto que inutilizaba a vella ponte Piago. Así pois, Piago quedou oculta e esquecida na natureza no val do Navea, eclipsado pola nova ponte de dobre sentido.

Dende a súa calzada divísase a ponte nova, e augas arriba os restos dun vello embalse de pedra. Cincocentos metros máis arriba podemos gozar da ponte romana do Navea e da Capela da Encarnación que é da Orde de Malta. Un pouco máis arriba retén as augas do río o Encoro de Guístolas.

Compartir Face