Lugares Cercanos

TEIXEDAL DE CASAIO

 

Para chegarmos a este afastado lugar, igual que fixemos para ir a Trevinca, dirixímonos  cara O Barco de Valdeorras en dirección Sobradelo. Collemos á dereita pola OU-122 en dirección Casaio – Trevinca.

 

Actualmente o Teixedal está composto polos restos dun antigo bosque atlántico da época Terciaria, aos pés do Macizo de Trevinca. A súa especie máis característica é o Teixo, árbore singular da familia das coníferas, de folla perenne e moi apreciada na antigüidade por motivos velenosos moi diversos. Os carballos, acivros, abeleiras e outras especies forman unha maraña xunto cos trescentos teixos. Todos os troncos das árbores están cheos de liques. De lonxe os máis escuros son os teixos. A mellor época para visitar esta paraxe é a principios de outono, se queremos ver os característicos froitos vermellos de acivros e teixos.

 

Bidueiral de Montederramo

 

O bidueiro con douradas follas e tronco branco é unha árbore cargada de simbolismo. A tradición di que o bidueiro crece ás portas do paraíso. As súas propiedades e usos son incontables: del extráense remedios para a febre, pomadas para cicatrizar feridas e en Rusia  a súa madeira utilízase para as famosas bonecas.

 

Son árbores que crecen normalmente en zonas frías e por iso é estraño velos tan ao sur, na cálida península Ibérica. De feito, o Bidueiral de Montederramo é o bosque de bidueiros máis meridional de Europa. E só por iso xa é unha marabilla que merece ser visitada.

 

O bidueiral ocupa 250 hectáreas e encóntrase entre a Ribeira Sacra e a Serra de San Mamede, a unha altura media de 1.000 metros. Neste momento, toda esa zona é Lugar de Importancia Comunitaria, aínda que a tramitación para ser Parque Natural está en marcha.

 

Non só hai bidueiros no Bidueiral. Tamén hai acivros, fentos e outra flora autóctona. Mentres paseas entre as árbores e  recorres os seus sendeiros podes aproveitar para recoller moras e outros froitos cos que logo facer marmeladas. Quizais teñas sorte e poidas ver á escorregadiza fauna que habita entre os bidueiros: lobos, gatos monteses ou armiños, sen esquecernos de aves rapaces coma o azor, el gabián ou a aguia cobreira.

 

MÉDULAS

 

As médulas están situadas nas inmediacións da aldea homónima na comarca do Bierzo. Están formadas por un entorno paisaxístico formado polos restos dunha antiga explotación mineira de ouro da época romana, cando a zona pertencía á provincia Tarraconense. Está considerada a maior mina de ouro a ceo aberto de todo o Imperio Romano.1

 

O enorme traballo de enxeñería realizado para a extracción do mineral supuxo unha grande alteración, pero deu como resultado unha grandiosa e espectacular paisaxe de areas avermelladas. As médulas están repletas de vexetación de castiñeiros e carballos e considéranse unha "paisaxe cultural". Teñen a denominación de Parque Cultural, ademais de que este medio foi declarado Ben de Interese Cultural en 1996 debido o seu interese arqueolóxico, no ano 1997 foi declarado pola Unesco Patrimonio da Humanidade1  e no 2002 declarouse Monumento Natural.

 

As Ermitas

 

O santuario da Nosa Señora das Ermitas está situado nun val profundo do río. Recibe este nome pola escultura que a preside e adorna, así como polos antigos pazos de pedra con tellados de lousa. Dista tan só a catro quilómetros do Bolo, concello ao que pertencen as Ermitas.

 

O  Santuario da Nosa Señora das Ermitas está situado a cabalo entre Viana do Bolo e A Rúa. A Súa fachada foi edificada entre 1713 e 1726 por Juan Martínez Pita, pouco posterior a ela é o vía cruces construído en 1730 e composto por 14 capelas que contiñan 62 estatuas. O exterior dos templetes é moi sinxelo, pola contra o interior está decorado con esculturas que representan a paixón de Cristo e seguen o modelo do “Bom Jesus do Monte de Braga” edificado en 1723. E como para o Sacro Monte portugués algunhas capelas foron asociadas a unhas fontes. Trátase de obras figurativas únicas na súa clase, non só en Galicia, senón tamén en España.

 

 As Ermitas goza dun grande atractivo turístico, que destaca especialmente polas súas celebracións de Semana Santa. Destacan dúas celebracións: a do vía cruces e a do “estoupa xudas”, que na actualidade xa non se celebra.

 

RIBEIRA SACRA

 

O topónimo Ribeira Sacra podería proceder da Idade Media e, nun principio pensouse que a orixe da súa denominación derivaba do latín Rivoira Sacrata, debido á gran cantidade de mosteiros e templos que se sitúan nos monumentais canóns e nas fragosas ladeiras que galonan a zona. Actualmente pódense visitar 18 mosteiros nos que cabe destacar o recentemente creado Parador de San Estevo de Ribas de Sil, no Concello de Nogueira de Ramuín (Ourense) e o de Monforte de Lemos. Outros mosteiros que se poden destacar, e que exercen de fronteira natural entre as provincias de Lugo e Ourense, son:

 

• San Pedro de Bembibre

• Taboada dos Freires

• San Paio de Diomondi

• Santo Estevo de Ribas de Sil

• Santa María de Pesqueiras

• Montederramo

• San Pedro de Rocas

• Ferreira de Pantón

• San Paio de Abeleda

• Santa Cristina de Ribas de Sil

• Santo Estevo de Ribas de Miño

 

Na vertente ourensá os municipios de: Nogueira de Ramuín, Parada de Sil, A Teixeira e Castro Caldelas. Na vertente  luguesa: Ribas de Sil, Quiroga, Pobra de Brollón, Monforte de Lemos, Sober y Pantón.

 

A xénese do Canón do Sil non é fluvial, senón tectónica. O seu encaixamento produciuse no cuaternario. A morfoloxía da súa canle pódese deber ao feito de discorrer por fracturas, que partiron o terreo en bloques xigantescos ao comezar o basculamento da planicie que se elevou polo Sur e polo Oeste. A acción erosiva das augas do Sil afondou este barranco encaixado en dirección Este-Oeste.

 

A Ribeira Sacra é especialmente coñecida polos seus tesouros naturais e biolóxicos, constituíndo un vastísimo ecosistema de gran variedade e riqueza. Cómpre destacar os Canóns do Sil pola súa espectacular paisaxe. Esta  zona é na que o río discorre encaixado a través de paisaxes e montañas, que foron descritas como de enorme beleza. Os canóns dispoñen de miradoiros habilitados para admirar a súa impresionante monumentalidade, así como dun catamarán aberto ao público que transita os canóns dun a outro lado.

 

Ribeira Sacra, como denominación de orixe, é tamén coñecida pola calidade dos seus viños, moi recorridos na gastronomía galega os que popularmente se coñecen na zona co nome xenérico de mencía, debido a que son elaborados principalmente coa variante de uva mencía, aínda que tamén se usa a variante godello. As viñas, que se poden ver seguindo o curso do río, están dispostas nun sistema de chanzos de pedra, chamados socalcos, ao longo da ribeira que datan da época romana. Os romanos xa lle tiñan un gran aprecio a estes caldos que son afroitados e de gran presenza, ideais para gozar con carnes. Dicíase que unha das variedades deste viño concretamente o Amandi, procedente da zona do mesmo nome, facíaselle traer ao César dende a Gallaecia romanizada

 

O INVERNADOIRO

 

O parque ten unha superficie de 5.722 hectáreas. É unha paisaxe de carácter montañoso situado ao sur do macizo central, na provincia de Ourense, entre os ríos Ribeira Grande e Ribeira Pequena, e formado pola serra de San Mamede, Queixa, Manzaneda e o Fial das Corzas, que constitúen o macizo central ourensán, con altitudes de arredor de 1000-1600 m, situadas no concello de Vilariño de Conso.

 

As altas montañas, con picos cubertos de pastos, mostran grandes extensións de matogueiras que ao chegar ás beiras dos ríos lle ceden o protagonismo ás fragas e á vexetación da ribeira, onde a vida bule de maneira sorprendente. Aquí e alá, dispersas e escuras manchas de piñeiros recordan que foi a árbore predominante no pasado. A fauna asombra pola súa riqueza e a súa adaptación ao medio.

 

A zona caracterízase pola ampla variedade de fauna e botánica e tamén polo grande interese morfolóxico e paisaxístico.

 

Na actualidade posúe a categoría de parque natural desde o 5 de xuño de 1997.

 

No invernadoiro destacan varias especies de animais, coma o teixo (taxus baccata), de árbores como: o abruñeiro (Prunus spinosa), e a abeleira Corylus avellana), e de arbustos: as silveiras (Rubus ulmifolius) e o espiño común (Crataegus monogyna). Todos teñen unha grande importancia na alimentación da vida silvestre.

 

A fauna mostra a pirámide trófica completa. O lobo é o único depredador que actúa nas poboacións naturais de corzo e xabaril. O máis importante é a presenza dunha poboación de doce exemplares que permanece máis ou menos estable, e cunha predación sobre os animais silvestres, a diferenza de outras poboacións «dexeneradas», que son depredadores «oportunistas» coa aves de curral, ou nos refugallos.

 

Son tamén notables na zona os mamíferos como: o porco teixo, a xineta, o gato montés (Felis silvestris), a marta, a garduña e o armiño. Tamén hai  importantes poboacións de ungulados, coma o corzo  e o cervo (reintroducido). Reintroducírones, con éxito, no parque o rebezo e a cabra montesa (Capra pyrenaica victoriae) procedentes da Serra de Gredos.

 

Ademais destas especies están presentes o desmán, o furón e a londra (Lutra lutra) que normalmente se encontran nas ribeiras dos ríos e nas zonas humidas.

 

Para entrar no parque os visitantes teñen que ter un permiso, que o concede, por escrito, a Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento sostible en Ourense. O permiso concédeselle a un máximo de 30 persoas ao día para realizar percorridos polas rutas marcadas.

 

Aínda que non está permitido pasar a noite no parque existe unha aula da natureza, que dispón de catro dormitorios: dous con 28 liteiras e dous cunha liteira e los aseos. Están destinados a grupos de estudantes e investigadores.

 

Teléfonos para solicitar a entrada ao parque: 988 386 376    988 386 029   988 386 140

 

SERRA DE SAN MAMEDE

 

A Serra de San Mamede, a de Queixa, a do Fial das Corzas e as montañas de Invernadoiro forman o espazo natural máis completo da alta montaña galega: o gran macizo ourensán.

 

O punto máis alto é o chamado Fonte do Santo, a 1714 metros de altitude, onde hai unha capela en honra do santo e na que se celebra unha romaría na segunda semana de agosto.

 

Esta é unha área protexida coa clasificación de Lugar de Importancia Comunitaria (LIC), membro da rede Natura 2000, e en proceso de cualificación como Parque Natural.

 

Ata o ano 2004 mantívose unha reserva de cervos e corzos  nun recinto da parte occidental, pero hoxe en día xa  non se utiliza. Preto deste cercado está a rexión chamada As Corcerizas, onde desde fai tres anos se instalou un centro de educación ambiental que leva o mesmo nome.

     

Repartidos por toda a serra, aínda que só son ben visibles no inverno, encóntranse cervos, corzos, xabarís e lobos, ademais de coellos e lebres, indicadores claros das rexións do interior de Galicia. Tamén hai gran variedade de aves, réptiles e anfibios. En relación ás aves, cómpre destacar a existencia de máis dun cento de especies  como: a perdiz, o mergullón, o martiño peixeiro e un bo número de aguias e falcóns.

Compartir Face