Estación de Montaña

 

 

Manzaneda é unha estación de esquí e montaña turístico-deportiva. A estación ten diversas actividades que permiten o seu funcionamento durante todo o ano. Non só ten pistas de esquí, senón que tamén dispón de: campos de fútbol de herba, pistas de tenis, círculo de “karts”, hípica, “mountain bike”, piscina climatizada, pista polideportiva exterior e pavillón cuberto para varias actividades que inclúe ximnasio.

Tamén se poden practicar deportes como: sendeirismo, montañismo, escalada, tiro con arco, golf en campo rústico…Permanece aberta todo o ano.

A contorna e o bosque, de 2.000 hectáreas de extensión e cunha altitude de 1800 metros, que dotan a estación de montaña dun marco incomparable completado con instalacións turísticas e de hostelería.

 

Principais Actividades:

BBT, golf (campo rústico), aula da natureza, pista polideportiva, pavillón, fútbol, tenis, “karts”, cabalos, piscina cuberta e climatizada, escalada ( en rocódromo), rappel, tirolina, tiro con arco...

 

Competicións, probas e acontecementos:

 Campionatos galegos de esquí alpino (categorías xuvenís e sénior).

 Campionato nacional de bandas de gaitas (Memorial Gabino Fernández). Celébrase o primeiro domingo de agosto.

.  Festa da Bica (romaría tradicional), o primeiro domingo de agosto.

 

ACTIVIDADES DEPORTIVAS:

 Natación (piscina cuberta e climatizada)

 Tiro con Arco

 Escalada

 baloncesto, balonvolea, balonmán, fútbol sala…

(Pavillón cuberto deportivo para varias actividades, con ximnasio incorporado)

 “Karts”

 Cabalos

 Golf (campo rústico)

 Tenis

 Fútbol

 Bicicletas de montaña

 

OUTRAS ACTIVIDADES ALTERNATIVAS:

 Sendeirismo

 Aula da natureza / Estudo do medio: flora e fauna da Serra de Queixa.

 Obradoiros do medio ambiente

 Xogos tradicionais: petanca, chave, malla, bolos…

 Xogos, festas, concursos

 Primeiros auxilios en montaña

 Acampada - técnicas

 Orientación e manexo do compás

Share