Política de Privacidade

www.apobradetrives.es  é un dominio de internet de titularidade do Concello de Pobra de Trives, San Roque, 4; 32789 Pobra de Trives (Ourense), Tlf.: 988330000, e‐mail: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

De conformidade coa vixente Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos, o Concello de Pobra de Trives informa que na web www.apobradetrives.es non se solicitan nin se recollen datos de carácter persoal. Porén, ofrecémoslle a posibilidade de poñerse en contacto con nós a través do correo electrónico, sen que en ningún caso se almacenen os seus datos nun ficheiro organizado.

O Concello de Pobra de Trives informa que, cando se empregue o seu enderezo electrónico como medio de comunicación, entenderase que o usuario está prestando o seu consentimento para que o Concello de Pobra de Trives trate os datos de carácter persoal que lle foran facilitados para presta‐lo servizo específico solicitado. O Concello de Pobra de Trives garante que en ningún caso se empregarán ditos datos con distinta fin.

O Concello de Pobra de Trives conta con tódolos medios para garanti‐la seguridade e protección dos seus sistemas de información e dos datos facilitados polo usuario. Nalgúns casos, pódense utilizar testemuños que recollan información sobre as preferencias de navegación do usuario. Os testemuños non proporcionan nin o nome do usuario nin ningún outro dato persoal, a menos que se facilitase voluntariamente. O usuario pode configura‐lo seu navegador para ser avisado da recepción de testemuños e para impedi‐la instalación das mesmas no seu disco duro.

O uso dos servizos ofrecidos na presente web site por menores de idade ten que ser previamente autorizado polos seus pais, titores ou representantes legais, xa que teñen a consideración de responsables dos actos que realicen os menores ó seu cargo.

Queda prohibida a utilización indebida ou non autorizada da información que contén esta web. O incumprimento desta prohibición así coma os prexuízos que se poidan ocasionar pode dar lugar ó exercicio das accións que legalmente corresponda efectuar e, se procede, á responsabilidade que de dito exercicio se deriven.

Share