VII Certame de doces típicos de outono
VII CERTAME DE DOCES TÍPICOS DE OUTONO
O Concello de A Pobra de Trives convoca o "VII Certame de doces típicos de outono" con motivo da celebración do Magosto. Neste certame poderán participar tódalas persoas que o desexen. Os doces deberán ser elaborados con ingredientes de temporada: castañas, figos, mazás, cabazas, etc.
Os doces entregaranse antes das 18:00 h. do día 9 de novembro no Centro Cívico de Santa Leonor. Ademáis deberán presentar os seus datos e nome da sobremesa cunha breve explicación dos ingredientes que contén e da elaboración da mesma.
Os participantes deberán anotarse con antelación na Casa do Concello antes do día 8 de novembro .
Cada participante recibirá un agasallo.
A continuación deixámosvos as bases do Concurso: