'Madrugadores' abre hoxe as sĂșas portas para o curso 2019-2020

  • imprimir

 

 

 

Hoxe, mércores 11 de setembro, dá comezo o novo curso escolar e con el tamén abre as súas portas ‘Madrugadores’, un servizo complementario, como apoio ás familias e axudando na conciliación da vida laboral.
Este programa consiste no coidado e atención de nenos e nenas fóra da xornada ordinaria dos centros escolares. Madrugadores lévase a cabo de luns a venres de 8h. a 9:45h. con actividades de carácter sociocultural e lúdico: xogos, animación lectora, manualidades, entretemento,…
Os usuarios deste servizo poden ser usuarios habituais (que utilicen o programa con regularidade) ou usuarios esporádicos (os que usan o programa ocasionalmente)
Desde o Concello da Pobra de Trives continúase un curso máis co funcionamento este servizo, de xeito gratuito, co fin de cubrir a necesidade de conciliar a vida familiar, escolar e laboral por parte de pais, nais e titores, por causas que afecten ás familias e requiran unha maior cobertura horaria que a do horario escolar.
Para máis información sobre o servizo, inscricións no mesmo ou calqueira información adicional, podes dirixirse ao seguinte número de teléfono: 670 471 520