As "Bolboretas" de Soledad Felloza chegan á biblioteca municipal trivesa
|
Continuando coa programación de “ler conta moito”, este venres, 13 de setembro, é a quenda da contadora de historias Soledad Felloza, que nos achegará ao mundo máxico e libre de “Bolboretas”, un espectáculo de narración oral repleto de historias de nenas e mulleres que voan alto para amosarnos un mundo sen violencia no que a igualdade é posible.
“Laia berrou dende a porta: -Mamá vou a dar a volta ao mundo. E Salaia, a súa nai cun sorriso como a lúa crecente, dixo adeus coa man. Sabía que cando os pés piden camiño ninguén pode pararlles. O mundo precisa que o camiñen para existir. E así Laia voou polo camiño, na súa bicicleta lila, e coñeceu as historias que hoxe conta. Historias de mulleres bolboretas.” |