V Carreira San BartoliƱo

  • imprimir

 

 

 

Este sábado, 24 de agosto, o Concello da Pobra de Trives organiza a “V Carreira San Bartoliño". Nela os participantes correrán nun circuíto urbano con saída na Praza de Abastos e que variará o seu percorrido en función das idades.


As categorías son:
- de 2 a 4 anos

- de 5 a 7 anos
- de 8 a 10 anos
- de 11 a 13 anos
- de 14 en adiante (sen límite de idade)


Trátase dunha proba non competitiva e con entrega de medallas para todos os asistentes, que comezará ás 19h. e para inscribirse poderán facelo desde media hora antes do evento, na mesma praza de abastos.