Exposición de Pintura da Artista Aurora Espina

 

 

O vindeiro 20 de agosto a Sala de Exposicións do Edificio Santa Leonor na Pobra de Trives, acolle unha nova exposición de pintura. Ésta poderá visitarse ata o vindeiro 22 de setembro.
“A miña terra” é a exposición a través da cal Aurora se expresa mediante diferentes temas e usando distintas técnicas. Cada unha destas obras levaranos a distintos recunchos da vila dende a mirada artística da pintora non deixando a ninguén indiferente.
Arredor de 25 obras nas que plasma, tal e como ela nos conta, todo aquelo que lle provoca sentimentos, con morriña, recordos, nostalxias, ousexa a vida en estado puro.
Sanitaria de profesión, con ascendentes de Trives, sempre moi arraigada a esta vila, onde pasou gran parte da súa infancia e adolescencia, Aurora Espina cóntanos que a súa relación coa pintura remóntase á súa infancia, onde comenzou dun xeito autodidacta facendo que xa chegada a adolescencia se convertera na súa paixón, a súa verdadeira afección. Segundo o paso do tempo, o seu xeito de pintar foise facendo máis persoal, sendo as súas obras a maneira na que a pintora trasmite todo tipo de emocións e sentimentos.
O maior dos agradecementos da artista vai para a súa xente, en especial para os que xa non están (seus pais, súa avoa,...), “por confiar en min e facerme seguir cara diante”, nos di Aurora cando lembra como seu pai a animaba a que nunca deixara de pintar.
Desde o 20 de agosto, e durante un mes, poderemos visitar esta exposición que como Aurora nos conta, foron pinturas creadas todas e cada unha para ela pero está orgullosa de poder mostralas no seu pobo.  A presentación desta exposición terá lugar o propio día 20 ás 18h.

Compartir Face
 

  

 

logo CIM 2018