Curso de Defensa Persoal nas mañás do 20 e 21 de agosto

  • imprimir

                         

O instrutor Javier Diéguez impartirá os días 20 e 21 de agosto un Curso de Defensa Persoal. Nun horario de 10:00h a 14:00h, no Ximnasio do IES Xermán Ancochea Quevedo da Pobra de Trives, os asistentes ao curso aprenderán varias técnicas e movementos sinxelos de executar nesta disciplina, que nos axuda a poñer en forma e dános as ferramentas necesarias ante algunhas situacións de certo risco. Desta volta, Javier fará tamén un obradoiro especial sobre o uso do spray de defensa (sería interesante que os asistentes ao curso leven un bote pequeno baleiro con difusor)

 

Ademais da parte de aprendizaxe, esta actividade, como sempre conta coa parte solidaria, xa que cada asistente debe doar un quilo de comida non perecedoira coa inscrición.

 

Para inscribirse poderán facelo nas Oficinas do Concello ou no teléfono: 670 47 15 20