O Concello da Pobra de Trives informa sobre os cambios no tráfico urbano

 

 

 

A Concellería de Mobilidade e Seguridade vial informa dos cambios realizados no tráfico urbano coa finalidade de mellorar a seguridade peonil e evitar problemas de saturación vial:


1. Instaláronse dous pivotes: un no acceso á praza Doutor Paz, á altura da praza do Pilón, e outro na Praza do Reloxo nas inmediacións da torre. O tráfico na zona vella queda así restrinxido en exclusividade a residentes e vehículos de emerxencias. O acceso para residentes realizarase desde a rúa Alfredo Casanova, rúa Fornos e rúa Jacinta Alvarado.


2. Estableceuse un único sentido de circulación na rúa San Martín á altura da Praza de Abastos e Oficina de Correos, obrigando a saír únicamente en dirección á rúa Hermanos de la Salle, coa salvedade de vehículos de carga e descarga de mais de 3.500 kg., que poderán acceder desde esta rúa.

Compartir Face
 

  

 

logo CIM 2018