O vindeiro sábado, 17 de agosto na Biblioteca Municipal, os máis pequenos gozarán dun contacontos musical. “Música Miúda” é un proxecto didáctico que combina contacontos e música. Iníase así na Biblioteca Municipal do Concello da Pobra de Trives as actividades do programa "Ler Conta Moito” deste ano , dirixidas á dinamización da lectura entre os máis pequenos. A través das historias de Bemol Pequeno, de elaboración propia, preséntanse conceptos básicos da música como o volume, o ton, as familias de instrumentos, as notas musicais,... cada unha delas inclúe un conto e unha canción, que se presentan nun espectáculo en directo pensado para que o público infantil (nenos e nenas entre 3 e 6 anos) participe e aprenda nun entorno lúdico. Na vila de Bemol Pequeno a música nunca para! Ou si? Vén resolver o misterio da música desaparecida a través da man da Meiga Xela, canta co dinosauro Pepón e baila ao ritmo da Banda do Carballo! Bemol agárdavos na Biblioteca Municipal do Concello da Pobra de Trives o vindeiro sábado 17 de agosto ás 11:30 h. da mañá
|