Sendeiro familiar este mércores 14 de agosto

  • imprimir

 

 

 

Este mércores, día 14 de agosto faremos a última das camiñadas familiares propostas para este verán.
Desta volta serán uns 4 kilómetros aproximadamente, nos que camiñaremos primeiramente por entre as hortas, adentrándonos no bosque, cruzando o fiscaíño e despois dun fermoso paseo desfrutando da natureza chegaremos ao cruceiro de Santa María de Trives, desde onde comezaremos o camiño de regreso ao punto de saída.
Coma todos os roteiros familiares, este tamén é de dificultade baixa co fin de chegar a todos os públicos.
A saída será ás 9 da mañá diante do Concello. Inscricións na Oficina de Turismo ata a tarde anterior do sendeiro familiar.