Cine de Verán 2019 - 08 de agosto, XOVES: "ALITA, ángel de combate"

  • imprimir

 

 

Este xoves temos sesión de cine de verán, proxectarase a película "ALITA, ángel de combate". A cita é no Auditorio Julio Vázquez ás 22:30h, o xoves 8 de agosto. Entrada de balde.

 

Sinopse

Cando Alita (Rosa Salazar) espértase sen lembrar quen é nun mundo futuro que non recoñece, Ido (Christoph  Waltz), un médico  compasivo, dáse conta de que nalgún lugar dese  caparazón de  cyborg abandonado, está o corazón e alma dunha muller nova cun pasado extraordinario. Mentres  Alita toma as rendas da súa nova vida e aprende a adaptarse ás perigosas rúas de  Iron City, Ido tratará de protexela do seu propio pasado, mentres que o seu novo amigo Hugo ( Keean Johnson) ofrecerase, en cambio, a axudala a  desenterrar os seus recordos. Cando as forzas mortais e corruptas que manexan a cidade comezan a perseguir a  Alita, ela descobre unha pista crucial sobre o seu pasado: posúe habilidades de combate únicas que os que ostentan o poder quererán controlar custe o que custe. Só manténdose fose do seu alcance, poderá salvar aos seus amigos, á súa familia e o mundo que aprendeu a amar.  Remake do clásico anime de 1993 " Alita, ángel de Combate".

 

Xénero

Ciencia ficción, Acción, Romance, Thriller |  Cyberpunk, Robots, Manga.

 

Duración

121min.