Cine de Verán 2019 - 08 de agosto, XOVES: "ALITA, ángel de combate"
|
Este xoves temos sesión de cine de verán, proxectarase a película "ALITA, ángel de combate". A cita é no Auditorio Julio Vázquez ás 22:30h, o xoves 8 de agosto. Entrada de balde.
Sinopse Cando Alita (Rosa Salazar) espértase sen lembrar quen é nun mundo futuro que non recoñece, Ido (Christoph Waltz), un médico compasivo, dáse conta de que nalgún lugar dese caparazón de cyborg abandonado, está o corazón e alma dunha muller nova cun pasado extraordinario. Mentres Alita toma as rendas da súa nova vida e aprende a adaptarse ás perigosas rúas de Iron City, Ido tratará de protexela do seu propio pasado, mentres que o seu novo amigo Hugo ( Keean Johnson) ofrecerase, en cambio, a axudala a desenterrar os seus recordos. Cando as forzas mortais e corruptas que manexan a cidade comezan a perseguir a Alita, ela descobre unha pista crucial sobre o seu pasado: posúe habilidades de combate únicas que os que ostentan o poder quererán controlar custe o que custe. Só manténdose fose do seu alcance, poderá salvar aos seus amigos, á súa familia e o mundo que aprendeu a amar. Remake do clásico anime de 1993 " Alita, ángel de Combate".
Xénero Ciencia ficción, Acción, Romance, Thriller | Cyberpunk, Robots, Manga.
Duración 121min. |