Día da Bici 2019

 

Como cada verán, celébrase o xa tradicional DÍA DA BICI polas rúas trivesas. Desta volta a data marcada é o vindeiro domingo, 11 de agosto.
A afección ao ciclismo é cada día maior aquí en Trives, e todas as edicións contan cun elevado número de participantes, que proveñen non soamente do municipio trivés, senón da comarca e tamén cidadanía que está a gozar das súas vacacións nestas terras.
A franxa de idade é moi variada, sen límites, oscilando entre entre os menores de 1 ano ata os máis veteranos que se sinten con forzas e ilusión de pasar unha xornada gozando da convivencia e da familia, pensada tamén para promocionar o uso da bicicleta como medio de transporte saudable e non contaminante que convive cos demais vehículos.
Hai dous percorridos diferentes: un de 8 quilómetros aproximadamente para os máis valentes e outro para os máis cativos de uns 400 metros.
O uso do casco é obrigatorio para poder participar, quedando excluído quen non o leve, salvagardando así a seguridade na vía pública.
En todo momento irán protexidos pola Policía Municipal, Protección Civil e voluntarios que guiarán e acompañarán controlando ao pelotón.
Apúntanse gratuitamente na Praza de Abastos onde recibirán o seu dorsal co número participante, nese mesmo punto terá lugar o pistoletazo de saída e tras facer o percorrido sinalado polas rúas trivesas rematarán novamente na Praza de Abastos cun avituallamento e trala chegada de todas as bicis, deben entregar o seu dorsal e realizarase, como en cada edición, o sorteo de dúas bicicletas entre os participantes.
En todo caso, lembramos que consiste nun paseo para disfrutar da familia e da convivencia e en ningún caso nunha competición.

 

Cando e onde:

  • 11 de agosto do 2019
  • Inscricións: a partires das 10 da mañá na Praza de Abastos
  • Saída: Ás 12 da mañá desde a Praza de Abastos
Compartir Face
 

  

 

logo CIM 2018