Adhesión do Concello da Pobra de Trives á Rede de Entidades Locais en contra da violencia de xénero

  • imprimir

 

O Concello da Pobra de Trives acábase de adherir á Rede Galega de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero.


Xa sobrepasamos os 200 Concellos e Mancomunidades adheridos a esta Rede, posta en marcha en setembro de 2012, a través dun convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Igualdade e a Federación Galega de Municipios e Provincias.
Un dos obxectivos principais que ten esta Rede é “promover e apoiar proxectos de prevención da violencia de xénero e detección precoz de situacións de risco, mobilizando e implicando a toda a sociedade fronte aos malos tratos e xeneralizando a tolerancia cero contra as persoas agresoras”, fomentando ao mesmo tempo modelos alternativos de convivencia baseados no respecto e na igualdade.
E son as entidades locais os axentes idóneos para desenvolver iniciativas tendentes a garantir a igualdade entre mulleres e homes, previr esa violencia de xénero e favorecer as condicións de conciliación da vida persoal, familiar e laboral, ao tratarse da administración máis próxima á cidadanía e máis coñecedoras da situación específica dos seus veciños e veciñas.
Os concellos que estean adheridos á Rede obterán máis puntuación nas axudas da Secretaria Xeral da Igualdade, ademais de participar en numerosas actividades, como talleres ou actividades lúdicas ou deportivas postas en marcha polo goberno galego e que non comportan custo económico algún para o Concello, enmarcadas todas elas nos obxectivos de prevención, información, formación e asistencia directa ás vítimas de violencia de xénero e ás súas fillas e fillos.

 

O acordo de adhesión así como o protocolo de colaboración pódese descargar no seguinte enlace: