II Sendeiro Nocturno Teatralizado - Ruta das tradicións nos Sequeiros

 web 05.08.19 Sendeironocturno ossequeiros

 

 

Este mércores, 7 de agosto, Os Sequeiros serán o escenario do segundo dos Sendeiros Nocturnos do programa de verán do Concello de A Pobra de Trives.
Ás 9 da noite emprenderemos camiño desde A Pena Folenche cara Os Sequeiros nunha ruta circular de aproximadamente 3 quilómetros de lonxitude.
O grupo en todo momento vai acompañado de un guía e o operativo de Protección Civil.

Ao longo da ruta iranse sucedendo distintas personaxes ata chegar aos Sequeiros onde a gran protagonista será a Bica. A viaxe continuará coa aparición mais personaxes e sorpresas nas paraxes do Val de Navea, camiñando hacia o remate da ruta.
Desde a organización recoméndase levar roupa e calzado cómodo e por suposto que cada participante leve lanterna ou frontal. O prezo da actividade son 3€. Para máis información e inscrición (prazas limitadas - máximo 100 persoas) deben dirixirse á Oficina de Turismo (988 33 09 67)

Compartir Face
 

  

 

logo CIM 2018