Sendeiro familiar ata a Cabalar este mércores 31 de xullo

 

 

Este mércores, día 31 de xullo, chega outra camiñada familiar. Un roteiro de dificultade baixa co fin de chegar a todos os públicos, cunha duración aproximada de 6 quilómetros.
A ruta da Cabalar levaranos por sendeiros a carón do río, camiñar por entre soutos e mesmo saber de parte da nosa historia pasando pola Fábrica de Chocolate.
A saída será ás 9 da mañá diante do Concello. Inscricións na Oficina de Turismo ata a tarde anterior do sendeiro familiar.

 
Compartir Face
 

  

 

logo CIM 2018