Un completo e variado programa de actividades enmarcadas dentro da fin de semana da FESTA DA BICA, típico doce manteigado, secular, tradicional e artesanal, coa súa orixe en A Pobra de Trives, que se celebrará os vindeiros 27 e 28 de xullo.
SÁBADO 27 XULLO As actividades comezan pola mañá, cun desfile de gaiteiros percorrerá as rúas de Trives e lerase o pregón dunha das produtoras e comercializadoras de bica máis antigas de Galicia; Dna Victoria Alonso, da Confitería Luciano. Nesta mostra de gaiteiros, participan 3 bandas de gaitas e cóntase coa colaboración de Xosé Luis Foxo, director e fundador da Real Banda de Gaitas de Ourense A tardiña, na Praza do Pilón, celebrarase o concerto da Banda de Gaitas Os Trintas en colaboración coa Banda de Gaitas Devalar do Concello de Amoeiro e á continuación, arredor das 22,00h.rematará a noite cunha cea popular na Praza do Reloxo amenizada pola Charanga Nova Terras de Trives DOMINGO 28 XULLO O domingo 28, haberá unha alborada da Banda de Gaitas Os Trintas polas rúas trivesas e terá lugar, como antano e coa colaboración do Club de Montaña Trives, a Romería da Festa da Bica, unha subida ata a Cabeza Grande, culminando co Festival Celtibérico de Bandas de Gaitas. Pola tarde, ás 19,00h na Praza do Pilón de A Pobra de Trives, actuará o Grupo de acordeóns Bieito Blanco, de Ourense.
|