Este mércores, 24 de xullo chega o I Sendeiro Nocturno Teatralizado deste verán, a Bicandaina. Desde o Concello organízanse uns roteiros nos que se mistura natureza e teatro. Ás 21h. do mércores, día 24, dá comezo a actividade saíndo desde a Oficina de Turismo (en Santa Leonor) cara unha ruta polo bosque onde a animación que se atoparán os andaríns no sendeiro, farao diferente. Un percorrido circular duns 6 km. aproximadamente en dirección á Ponte Cabalar, rematando novamente en Santa Leonor e durante o cal poderemos disfrutar de diferentes escenas teatrais que farán que os participantes vexan os nosos bosques cheos de maxia e vida. Neste roteiro a Bica tamén terá o seu importante papel, anunciando dalgún xeito a Fin de Semana da Festa da Bica. Dende a organización recoméndase levar roupa e calzado cómodo e por suposto que cada participante leve lanterna ou frontal, xa que aínda que o camiño comeza con día, a noite colle aos asistentes na metade do percorrido. O grupo en todo momento irá acompañado de un guía e tamén polo operativo de Protección Civil. Esta actividade ten un prezo de 3€ e as prazas son limitadas. Para máis información e inscrición: dirixirse á Oficina de Turismo da Pobra de Trives (988 33 09 67)
|