O pianista trivés Fabio Álvarez, residente actualmente nos EE.UU., ofrecerá un Concerto Solidario e impartirá unha Master Class gratuita no Auditorio Julio Vázquez da Pobra de Trives. Fabio comezou os seus estudos de piano na Escola de Música de Trives chegando ao máis alto co seu esforzo e traballo, formándose en prestixiosas escolas como a de Musikene no País Vasco ou posteriormente na Manhattan School of Music en EE.UU. Recentemente publicou o seu disco Musical Zodiac da man de George Crumb, tendo unha excelente crítica. Xa son varios os recoñecementos acadados polo seu traballo, nos pasados días recollía o Orpheus Classical Music Award outorgado polo selo discográfico Orpheus Classical en recoñecemento ao seu CD debut Musical Zodiac. Ademáis puido ofrecer un concerto como solista no Carnegie Hall (Manhattan, Nova York), un dos escenario máis emblemáticos dos Estados Unidos. O vindeiro 10 de agosto, sábado, poderemos desfrutar deste virtuosos do piano no Auditorio Julio Vázquez ás 20h. nun concerto solidario. Ás entradas xa están a venda na Oficina de Turismo, Librería Estampero e Librería Mi libro. Teñen un prezo de 5€ (o 100% da taquilla será destinado á AECC). O aforo é limitado. Tamén están dispoñible entradas da Fila 0 (Se non podes asistir ao concerto solidario pero non queres deixar de colaborar para que se poida conseguir unha maior recadación destinada á AECC, podes hacer un donativo equivalente ao prezo da entrada do concerto. Estas entradas de Fila 0 están dispoñibles nos mesmos puntos de venta que as anteriores) Ao remate do concerto, os asistentes poderán degustar un catering ofrecido de balde polo artista. Ademais os estudantes de piano que o desexen poden asistir a unha Master Class que o propio Fabio Álvarez impartirá o luns día 12, tamén no Auditorio Julio Vázquez. A matrícula é gratuita e as prazas son limitadas. Para elo poden inscribirse no teléfono 696 25 25 17.
|