I roteiro familiar do verán 2019 - Os Sequeiros

 

 

 

Este mércores teremos a primeira ruta de sendeirismo familiar do verán. Son unha rutas de dificultade baixa enfocadas en dar a coñecer a nosa montaña e as nosas paisaxes, a través de rutas sinxelas intentando chegar a todos os públicos.
O roteiro do mércores 17 de xullo levaranos ata Os Sequeiros, en pleno contacto coa natureza, sumerxíndonos na maxia dos seus bosques e desfrutando da paisaxe do Val do Navea (“Primeira paisaxe protexida de Galicia”). Coñeceremos cal era a función dun sequeiro e de volta ao pobo da Pena Folenche subiremos ata o mirador desde onde podemos ver as montañas que nos rodean.
Ás 9 da mañá será a saída desde a Praza do Concello, cada un no seu vehículo, cara o pobo de Pena Folenche e desde alí comezará o sendeiro ás 9:20 h.
Podes anotarte na Oficina de Turismo ata o día andes do roteiro. É de balde.

Compartir Face
 

  

 

logo CIM 2018