O vindeiro 26 de xullo chega a Trives “NABIZA GIRL”, unha superheroína rural galega con denominación de orixe protexida e os seus poderes proveñen do sulfato!
Un monólogo – comedia da man de Isabel Risco, moi coñecida polos seus grandes traballos na TVG (Tourilandia, Land Rober, Air Galiza, series como A Vida por Diante, Padre Casares, Nordés, Era Visto (pola que recibiu o Premio Mestre Máteo 2014), Augas Quentes,…)
Neste espectáculo vémola en estado puro traballando o humor mais galego dende o clown cunha enerxía insuperable. Un bo e completo espectáculo cunha posta en escena moi teatral e un ritmo trepidante. Ela mesma se Chelo García Naveira, máis coñecida como Nabiza Girl, e nos indica na súa carta de presentación como atopala: “Se credes que precisades dos meus servizos non tedes máis que aturuxar, que desde O Pindo escoito que flipas porque ten unha acústica bárbara”.
Case unha hora de narración oral para adultos que nos fará rir na tarde do venres 26 de xullo, no Auditorio Julio Vázquez. A cita é ás 20:30h. As entradas estarán á venda desde unha hora antes do espectáculo en taquilla no propio Auditorio e teñen un prezo de 5 €. As prazas son limitadas.
|