Continúa a campaña de sensibilización e concienciación en materia de igualdade organizada polo CIM, “Por unha igualdade real”, co reparto de chapas e vinilos.

 

 

 

O Concello de A Pobra de Trives, a través do seu Centro de Información a Muller, organizou a Campaña de sensibilización e concienciación en materia de igualdade “Por unha igualdade real”.
Esta actuación, enmarcada no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, iniciábase o pasado 8 de marzo coa conmemoración do Día Internacional da Muller. Daquela leváronse a cabo varias actuacións, entre outras, a exposición de fotos de mulleres, manifestación e charla para aproximarnos á historia das mulleres da nosa contorna.
Esta semana comezamos coa última das actuacións encadradas dentro desta campaña coa difusión e reparto de chapas e vinillos co mesmo lema visibilizando así que, a pesar de que conseguimos acadar unha igualdade formal ou legal, non é suficiente e temos que seguir loitando toda a cidadanía de Trives para alcanzar unha verdadeira igualdade real.

 
Compartir Face
 

  

 

logo CIM 2018