Día do Orgullo LGTBI - Trives pola Diversidade

 

 

 

Só unha sociedade que se une na defensa dos dereitos e liberdades das persoas que a conforman e que mantén como bandeira o respecto á diferenza e á diversidade pode recibir o apelativo de civilizada.

 

A liberdade é o ben máis prezado da nosa condición humana e é calquera revolución, calquera cambio ou avance social pasa por condenar a discriminación e os actos que limiten o dereito individual á identidade sexual.

 

Este Concello quere sentirse orgulloso da súa cidadanía, aberta, solidaria, que presume da súa historia e as súas peculiaridades pero que é xenerosa e comparte o seu espazo para quen queira vivir nel, que acolle e aprende do distinto, que tende pontes para cruzalos, pero tamén para recibir aos que chegan, sexan como sexan, veñan dende onde veñan. E é que o amor, en calquera das súas manifestacións, non dana, pero o odio sí e a intolerancia tamén.

  

Feliz día do orgullo LGTBI

Compartir Face
 

  

 

logo CIM 2018