Reunión na Alcaldía para a posta en valor de Festival Celtibérico e a Festa da Bica

 

 

21.06 1

 

 

Patricia Domínguez Barja, Alcaldesa da Pobra de Trives, reuníuse na alcaldía na mañá de hoxe con Xosé Lois Foxo, Director da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, Gustavo Samartín, Director da Estación de Montaña Manzaneda e Clemente Pérez como representante do Concello de Manzaneda, para a posta en valor do Festival Celtibérico, Festa da Bica e futuras e novas colaboracións.
A boa sintonía entre o Concello da Pobra de Trives e o Concello de Manzaneda será a clave da cooperación institucional, cultural e turística.

Compartir Face
 

  

 

logo CIM 2018