Patricia Domínguez Barja, a nova alcaldesa da Pobra de Trives

  • imprimir

                   Foto: Patricia Domínguez Barja co bastón de mando 

 

         Foto: Patricia Domínguez Barja e Jorge Vázquez co bastón de mando  

 

Patricia Domínguez Barja tomou posesión como nueva alcaldesa da Pobra de Trives no pleno de Constitución da Corporación Municipal, que tivo lugar no mediodía de hoxe, sábado 15 de xuño, na sala de plenos do Concello. Domínguez Barja, candidata do PSdG - PSOE, foi investida alcaldesa co respaldo de 3 edís máis do PSdG-PSOE e 2 de Son de Trives tras unha coalición destes dous partidos políticos.

 

O Pleno comezou coa toma de posesión dos 11 concelleiros e concelleiras que desde hoxe integran a Corporación Municipal, consecuente ás eleccións locais celebradas o pasado 26 de maio do 2019: 5 do PP, 4 do PSdG-PSOE e 2 de Son de Trives.

 

Trala votación para a elección de novo alcalde, a candidata Patricia Domínguez Barja recibiu 6 votos (4 de PSdG-PSOE e 2 de Son de Trives) e 5 abstencións (do PP).

 20190615 142132

     Foto: Concelleiros e concelleiras que conforman o grupo de goberno trivés                                    (falta un concelleiro na foto)

 

 

       Foto: Patricia Domínguez Barja con Juan González (alcalde socialista na                                      Pobra de Trives entre o 1983 e o 1987)