A campaña "Separar con xeito" da Xunta de Galicia estará en Trives na feira do 1 de xuño

 

 

Separar con Xeito, para reciclar a feito!! é unha campaña, organizada por Ecoembes e a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio que busca fomentar na cidadanía as boas prácticas no tratamento dos residuos como oportunidade para acadar os beneficios ambientais e económicos derivados da correcta separación e reciclaxe.

Mañá, sábado 1 de xuño, estamos de feira en Trives e de 11:00 a 13:00 contaremos coa carpa informativa de SEPARAR CON XEITO e merchandising para participantes, co obxectivo de orientar e axudar á cidadanía a recoñecer correctamente os residuos que son obxecto de reciclado así como animalos a realizar o seu depósito nos contedores correspondentes.

Amosarannos o sinxelo que é separar ben os refugallos!!!!
- No contedor amarelo: deposita só ENVASES de plástico, metálicos e bricks
- No contedor azul: deposita só papeis e cartón!!!
Anímate e participa axudando a conservar o medioambiente.
Colabora!

 
Compartir Face
 

  

 

logo CIM 2018