Obras gañadoras no Concurso de contos curtos das Letras Galegas 2019
|
Na tarde do xoves, 30 de maio, reuníase o xurado composto por profesorado dos centros de ensino da Pobra de Trives para darnos a coñecer cales eran ao obras gañadoras este ano no II Concurso de contos curtos "Cóntame un contiño", organizado polas Letras Galegas 2019 e dirixido a todo o público de 6 anos en adiante.
Participando en 4 categorías diferentes segundo a idade, o obxectivo desta actividade é promover a lectura e a escritura en lingua galega, fomentando tamén a creación literaria, pretendendo tamén que este tipo de accións sirvan para a dinamización lingüística.
No xurado, Montse Méndez Pérez do CEIP Manuel Bermúdez Couso, Isabel Tomé Freire do IES Xermán Ancochea Quevedo e Ana García Earley do IES Xermán Ancochea Quevedo, tras ler todas as obras, deliberaron tendo en conta varios factores para seleccionar as gañadoras entre os 24 contos presentados.
Aquí vos deixamos as obras gañadoras nesta segunda edición (premendo enriba de cada título poderedes descargar o conto):
- Na categoría de 6 a 9 anos:
- Na categoría de 10 a 12 anos: "O xigante e a dama da neve" - Nicolás Sierra Rioz
- Na categoría de 13 a 17 anos:
- Na categoría de 18 anos en adiante:
Parabéns a todas e todos os participantes por eses grandes contiños e noraboa aos gañadores!! E por suposto o noso maior agradecemento a ese gran xurado que colaborou desde o primeiro momento nesta actividade. |