O vindeiro 8 de xuño, sábado, a Asociación Cultural O Castro de Baión, Vilanova de Arousa, organiza o XXIX ENCONTRO DE MAIORES, no que está prevista a participación dunhas 400 persoas, e ao que se convidaron a grupos de maiores das catro provincias galegas: Cariño, Cedeira, Rois, Monterroso, Fonsagrada, Guitiriz, Celanova, Pobra de Trives, Viana do Bolo, Vigo, Cambados, Caldas, Meis, Ribadumia, Vilanova, ….. Previamente, pola mañá, os grupos convidados visitarán unha importante adega da zona e algún lugar de interese. Despois asistirán á inauguración da II Mostra de oficios, tradicións e costumes (cesteiros, zoqueiros, alfareiros, recreación da malla, zancos, chave, …) Ás 14:30h. haberá un xantar de confraternidade e para pechar a xornada terán concertos de música con cancións da época dos 60 e 70. Será unha xornada para compartir entre os maiores dos distintos pobos de Galicia. Ademais os asistentes poderán ver unha Exposición de Manualidades e apeiros de labranza, motos antigas e diverso material utilizado nos fogares nesa época. Desde a Pobra de Trives sairá un autobús da praza do concello ás 7:00h mañá e retornará ás 19:30h. aproximadamente. O prezo é de 15€/persoa. Para anotarse deben facelo no Concello (Prazas limitadas: 52 persoas). Para personas maiores de 65 anos e acompañante.
|