A pianista María Domínguez en concerto no Auditorio Julio Vázquez da Pobra de Trives

 

 

 

A trivesa María Domínguez ofrecerá un concerto no auditorio da súa vila o vindeiro mes de xuño


Domínguez é unha pianista especializada na música contemporánea e actualmente afincada en Bélxica, onde segue a desenvolver a súa carreira tanto como solista como en diferentes agrupacións orquestrais, de cámara e proxectos interdisciplinares. Na súa traxectoria musical conta con concertos, gravacións, investigacións e varios galardóns e recoñecementos.
Esta gran pianista da que tamén temos que destacar a súa faceta como creadora e directora artística, chega ao Auditorio Julio Vázquez na Pobra de Trives o vindeiro 7 de xuño, venres. O concerto dará comezo ás oito da tarde.
As entradas para este evento teñen un prezo de 8 € e estarán a venda desde o 18 de maio na Oficina de Turismo da Pobra de Trives e nas librarías da vila (Librería Estampero e Mi Libro), tamén se poderá mercar a entrada en taquilla no Auditorio o propio día do concerto desde unha hora antes da actuación. O aforo é limitado.

Compartir Face
 

  

 

logo CIM 2018