Unha camiñada familiar para festexar as Letras Galegas
![]() |
Unha mañá en pleno contacto coa natureza, percorrendo fermosos sendeiros e recunchos do noso territorio, marcará a xornada das Letras Galegas no Concello da Pobra de Trives. Desde a oficina de turismo organízase unha Ruta de Sendeirismo Familiar para o venres 17 de maio. Con dificultade baixa, a camiñada terá a súa saída ás 11:30h. diante da Oficina de Turismo (no Edificio Santa Leonor). |