Contacontos " A dama de auga"
![]() |
Na Biblioteca Municipal do Concello da Pobra de Trives celebran este xoves, 16 de maio, a "FESTA DAS LETRAS". Dentro do programa de actividades organizadas conmemorando as Letras Galegas, o voluntariado da biblioteca municipal xunto coa colaboración do CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso, representarán o contacontos " A dama de Auga". Un acto lúdico e cultural que pon en valor a nosa lingua e como cada conto, fai soñar e pasar un rato entretido a grandes e pequenos. |