Xa coas Letras Galegas petando na porta, desde a Concellería de Cultura do Concello da Pobra de Trives estase rematando de elaborar un programa de actividades para festexar as nosas Letras. Dentro dese marco de actividades, contamos coa 2ª edición do Concurso de Contos Curtos "Cóntame un Contiño", dirixido a todo o público de 6 anos en adiante, e particípase en 4 categorías segundo a idade:
- de 6 a 9 anos - de 10 a 12 anos - de 13 a 17 anos - de 18 anos en adiante
O obxectivo desta actividade é promover a lectura e a escritura en lingua galega, fomentando tamén a creación literaria. Ademáis preténdese que este tipo de accións sirvan para dinamización lingüística. O prazo para presentar os traballos e concursar vai do 6 ao 15 de maio do 2019. Para ver os requisitos e máis información consultade as bases no enlace que vos deixamos a continuación:
-BASES DA 2ª EDICIÓN DO CONCURSO DE CONTOS CURTOS: "CÓNTAME UN CONTIÑO"
|