III Obradoiro de autocoidado persoal

 

 

O vindeiro luns, 6 de maio, o CIM (Centro de Información á Muller) volta a organizar un novo Obradoiro de Coidado Persoal, continuando con estas xornadas que xa se veñen levando a cabo desde uns meses atrás, co fin de aprender trucos nun espazo tanto físico como mental, desde exercicios de relaxación ata o coidado da propia imaxe.
A idea destes talleres é que axuden a fortalecer a seguridade e benestar da muller en todos os seus ámbitos.
Está dirixido a mulleres de todas as idades e impartirase na Sala de Reunións do lado novo do Concello, na tarde do luns, día 6 de maio, ás 16:30 h.

Compartir Face
 

  

 

logo CIM 2018