Na Biblioteca Municipal do Concello da Pobra de Trives "Marzo está de celebración!!"

  • imprimir

 

 

 

Na mañá do 29 de marzo do 2019, venres, a Biblioteca Pública do Concello da Pobra de Trives organiza, coa colaboración da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso, unha mestura de natureza, poesía e teatro, baixo o nome “Marzo está de celebración!!”.
Ás 11 da mañá darán comezo as actividades programadas desde a Biblioteca Municipal, cunha ruta de sendeirismo, onde ademais os participantes contarán cun obradoiro de poesía e pintura, e lectura de fragmentos de teatro. Un estupendo xeito de englobar o Día da Poesía, do Teatro e da Auga nunha completa xornada para a mañá do venres.

O comezo das actividades será na Biblioteca Municipal do Concello da Pobra de Trives, o venres 29, ás 11 da mañá