II Obradoiro de autocoidado persoal

 
 

O vindeiro mércores, 27 de marzo, terá lugar o Obradoiro de Coidado Persoal que o CIM (Centro de Información á Muller) leva a cabo dándolle continuidade a unhas xornadas que nacían xa uns meses atrás, co fin de aprender trucos nun espazo tanto físico como mental, desde exercicios de relaxación ata o coidado da propia imaxe.
A idea destes talleres é que axuden a fortalecer a seguridade e benestar da muller en todos os seus ámbitos.
Está dirixido a mulleres de todas as idades e impartirase na Sala de Reunións do lado novo do Concello, na tarde do mércores día 27, ás 16:30 h.

Compartir Face
 

  

 

logo CIM 2018