Presentación do libro "La fuerza de nuestros ríos", do trivés José María Pérez

 
 

Este sábado, 23 de marzo, preséntase na Pobra de Trives o libro "LA FUERZA DE NUESTROS RÍOS. Una historia de Viana, Porto, A Veiga y la energía hidroeléctrica."


Unha obra escrita polo enxeñeiro trivés e profesor no IES de Viana, José María Pérez López, que nos conta desde a construción de varios saltos ata como foi a vida cultural nos anos 60 neses pobos.


Unha historia na que tamén se reflexa a importancia económica ou enerxética que supuxeron estas construcións para a zona.


A cita para este acto é o vindeiro sábado, 23 de marzo, ás 19h. No Auditorio Julio Vázquez (Casa da Cultura), onde o propio autor nos dará a coñecer a súa obra desde o punto de vista dun namorado da terra que ademais traballa nela.

 

 

Compartir Face
 

  

 

logo CIM 2018