“Mulleres Trivesas, Mulleres Tigresas”, unha Exposición Fotográfica en homenaxe ás mulleres LOITADORAS, DECIDIDAS E VALIOSAS

 

 

 

O mes de marzo é o mes dedicado ás mulleres e desde CIM do Concello da Pobra de Trives, ademais dos actos da fin de semana do 8 de marzo, organízase a exposición fotográfica “Mulleres Trivesas, Mulleres Tigresas”.
Do 8 ao 31 de marzo na Sala de Exposicións de Santa Leonor pódese visitar esta exposición, como símbolo do necesario EMPODERAMENTO DA MULLER e que ten por obxectivo visibilizar e dar unha merecida homenaxe ás mulleres da comarca de Trives tanto nos seus diversos traballos como nas súas múltiples facetas e roles que desenvolven.
É un pequeno recoñecemento á valentía, fortaleza, traballo e posta en valor de todas as nosas mulleres.
É, en fin, unha exposición de mulleres ATREVIDAS, DECIDIDAS e VALIOSAS coma foi no seu tempo Pepa “A LOBA”, un dos nosos mitos femininos máis sobresalientes, de quen falou entre outros moitos Vicente Risco. Unha muller bandoleira habitante dos montes galegos que se defendeu e loitou con uñas e garras.
A inauguración será o 8 de marzo ás 12:30 da mañá aproximadamente, despois da manifestación “Por Unha Igualdade Real” que se levará a cabo ás 12 da mañá polas rúas de Trives.
Tamén contaremos, como invitada a este acto, con Darija Cz interpretando unha danza.
As mulleres asistentes recibirán un agasallo por ser o DÍA DA MULLER.
A exposición estará aberta ao público no horario habitual da Sala de Exposicións do edificio Santa Leonor durante todo o mes de marzo e a entrada é de balde.

Compartir Face
 

  

 

logo CIM 2018