“Loló E Mamá”De Ste Xeito Producciones no Auditorio Julio Vázquez da Pobra de Trives

 web 8MLOLOEMAMATRIVES

 

 

Seguindo coa programación cultural do Concello da Pobra de Trives e dentro do programa da Rede de Auditorios de Ourense, retomamos os ciclos de teatro. Desta volta a representación teatral virá da man actuación de “De Ste Xeito Produccións” coa obra “LOLÓ E MAMÁ”, unha divertida comedia de Esther F Carrodeguas e co elenco de Josi Lage e Stephy Llaryora elexida para festexar o Día da Muller.
A función terá lugar o vindeiro domingo 10 de Marzo ás 18h. no Auditorio Julio Vázquez. As entradas poderán retirarse no auditorio desde media hora antes da función. Ten un aforo limitado e o prezo é de 3€.
Esta obra está dentro do marco da conmemoración do Día Internacional da Muller xa que desde o punto de vista educativo e da igualdade, “Loló e Mamá” aborda, cun equipo artístico 100x100 feminino, dilemas da muller que conviven connosco día a día.
Na figura da nai poderemos ver unha análise sobre os valores tradicionais de muller nai e muller traballadora, como compatibilizalos, como facer que convivan, fronte a unha mirada sexista das obrigacións da muller como protectora, que non pode fallar no coidado, e no sacrificio da súa propia vida detrás do concepto tradicional de familia.
Pola outra banda, na figura de Loló, veremos a unha filla empuxada a facerse cargo dunha nai adulta pero debilitada, aínda perdendo a súa independencia; porque iso ordenan os canons -non se pode deixar a unha nai desvalida... O contrario sería unha "traizón"
Nesta representación teatral vemos cales son os antigos roles “impostos” que teñen que ver co que unha muller como tal "ten que facer no mundo", coma pode ser o estar ao servizo dos demais, por encima de escoitar os seus propios anhelos persoais. A culpa xogará un papel importante como antagonista á liberación dos personaxes, dúas mulleres coas que é imposible non identificarse... por humanas e reais.
Esta relación tan enorme e visceral, nunha obra altamente educativa, onde ademais nos atopamos nun plano os personaxes saen da acción para explicar que fíos internos, sociais ou psicolóxicos, as moven para seguir actuando a favor desta insá dependencia.
Nos vos perdades esta obra na que Loló e Mamá pretenden “amosar toda esta valentía das mulleres pero sempre sen esquecer o humor e a comedia ensinándonos que o verdadeiro Amor é primeiro cara a unha mesma, as nosas necesidades e anhelos... para reencontrarse desde unha mirada de liberdade, máis pura e sincera" como as propias artistas nos din.

Compartir Face
 

  

 

logo CIM 2018