Conferencia no 8 de Marzo: Señoras e campesiñas na Idade Media trivesa, unha aproximación á nosa historia

 WEB 8MCONFERENCIA

 

 

Coa importancia que se merece, o 8 de Marzo festexamos o Día da Muller, e desde a Concellería de Muller e Igualdade do Concello da Pobra de Trives organizáronse varias actividades para conmemorar esta data. 

Ese mesmo día contamos cunha conferencia moi especial da man do historiador de Guístolas (San Xoán de Río) Miguel García-Fernández, quen revisando a historia da terra e a historia das mulleres nos explicará as infinitas contribucións das mulleres á nosa historia. Unha xornada moi especial para escoitar e saber máis da pegada das mulleres na historia trivesa e aprender así a recoñecer e valorar todo o seu traballo.
“Señoras e campesiñas na Idade Media trivesa, unha aproximación á nosa historia” guiaranos polo importante papel da muller desde épocas anteriores, destacando que elas marcaron parte da nosa historia.
Estades todas e todos convidados o vindeiro 8 de marzo ás 8 da tarde ao Auditorio Julio Vázquez da Pobra de Trives para coñecer un anaquiño máis a nosa historia, as súas mulleres e festexar o Día da Muller.

Compartir Face
 

  

 

logo CIM 2018