Entroido Infantil 2019

 
 

O entroido está nos seus días grandes e non deixamos de festexar e troulear todo o que podemos!!
O mellor xeito de manter viva a tradición do entroido é transmitirlla aos máis pequenos e que a vivan con ilusión, por iso o luns, 4 de Marzo é o seu día, no Concello de A Pobra de Trives temos a festa para cativos e cativas, é o Entroido Infantil.

A cita é ás 5 da tarde na Praza do Reloxo, onde todos disfrazados coas mellores galas e con ganas de pasalo ben, desfilaremos por algunhas rúas do pobo, bailaremos e xogaremos coa música e as coreografías do Ximnasio Trivesport. Ademais haberá chocolatada para todos os asistentes.

 

Compartir Face
 

  

 

logo CIM 2018